

1.- Distribución provincial de empresas de Construcción en Galicia 2005
2.- Número de edificios e vivendas según o tipo de obra en Galicia 2005 (unidades/%)
3. Producción de residuos de construcción e demolición por provincias en Galicia 2005.
O mapa anterior serve como base para realizar un estudo da evolución do sector da construcción en Galicia é a conseguinte xestión dos residuos xerados por dita actividad.
Estudos máis recentes do ano 2007, mosran as seguintes cifras:
TABLA RCD (2007) :
Os 420 Kgs/hab. Ano, correspóndense coa evolución do sector en relación a vivenda nova, ao que correspondeu un crecemento do 21 % no ano 2006, para posteriormente, especialmente no segundo semestre do 2007 decrecer ata un 14 %, o que implica unha evolución 2005-2007 do 4 % aproximadamente.
O Plan Nacional de RCD 2007-2015 tiña unha previsión inicial de crecemento para Galicia de acordo coa seguinte táboa:
Con todo os indicadores do sector con decrecimientos no primeiro semestre superior ao 25 % estanse deixando xa notar en sectores dependentes como o CEMENTO, as CERAMICAS, LOZAS, ALUMINIO:
Exemplo:
CEMENTO:
Consumo no ano 2005..... ......................................................52,8 %
Consumo no Primeiro semestre 2008 ....................................15,2 %
Segundo as análises de DBK:
Tras unha década de crecemento significativo, e nos próximos anos o escenario estará marcado por un retroceso na edificación de vivendas.
O valor da produción nacional podería situarse en 2008 en 198.800 millóns de euros, un descenso do 0,2%, e en 2009 en 197.250 millóns de euros, o que supón un retroceso do 0,8% fronte aos 199.210 millóns de euros que supuxo no exercicio 2007.
Destaca a caída prevista en edificación residencial, que pasará dun crecemento do 8,2% en 2007 a rexistrar descensos de ao redor do 10% e o 15% nos anos 2008 e 2009, respectivamente. O número de vivendas terminadas podería pasar de 646.800 en 2007 a 400.000 en 2009.
A todo o anterior hai que sumar as cifras do paro que dan unha clara valoración da evolución do sector.

En Galicia, empresas como MARTINSA-FADESA de especial relevancia no sector están arrastrando na súa caída a un sector formado nun 60 % por autónomos e pequenas empresas.
O futuro suscítase realmente negativo, tendo en conta que en Galicia este primeiro semestre estivo soportado pola construción de licitaciones do exercicio 2007 e por obra civil, co que podemos facer un pronóstico dun decrecimiento global para o 2008 dun 8-10 % que de non tomar medidas correctivas continuará agravándose de face ao 2009.
Con respecto á Xestión dos RCD, aparte do lóxico descenso da produción directamente proporcional ao descenso de actividade no sector, vese incrementado pola falta de liquidez do entramado empresarial que busca alternativas ilícitas á xestión dos residuos co obxectivo de conseguir o custo "0".
Así malia a incorporación do novo Real Decreto 105/2008 de 1 de Febreiro do 2008, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición que ten como principal obxectivo la:
• PREVENCIÓN
• REUTILIZACIÓN
• RECICLADO
• VALORIZACIÓN
E para rematar a ELIMINACION, estase detectando un incremento de eliminación na xestión dos mesmos, sen que se mellorou no control e eliminación de vertederos incontrolados.
A preocupación polo tanto deriva da imposibilidad ante este panorama de conseguir os obxectivos marcados no IIPNRCD 2008-2015 (II Plan Nacional de Residuos de Construción e Demolición):
Obxetivo de Obrigado Cumprimiento:
- Correcta xestión ambiental dos RP contidos nos RCD
Outros obxetivos:
- Prevención no orixen da xeneración de RCD
- Aplicar o principio de xerarquía. Maximización da valorización. Mellora dla rede de infraestructuras necesarias.
- Clausurar vertedeiros inadaptables. Adaptación dos restantes.
Obxetivos cuantitativos:
En Galicia a porcentaxe de recuperación correcta mantense nos mesmos índices, aproximadamente un 24-25 %.