A Asociación Profesional ARCODEGA,
de Recicladores de Residuos de Construción e Demolición,
creouse o 22 de febreiro de 2005, constituíndose como
unha asociación, profesional, sen ánimo de lucro
e cun ámbito circunscrito á Comunidade Autónoma
de Galicia, cun dobre obxectivo:
1. Facer fronte ás dificultades
ás que se enfronta o sector, como as reducidas
cantidades de residuos que chegan a planta, ou a competencia
desleal existente.
2. Promover unha xestión
destes residuos ambientalmente axeitada, actuando fundamentalmente
en dúas líñas: promoción da reciclaxe
dos RCDs, fronte á súa eliminación; promovendo
a aplicación dos áridos reciclados obtidos a
partir destes residuos.
Para iso nace como unha asociación que pretende ser
representativa do sector, polo que está aberta a tódalas
empresas recicladoras, que cumpran a lexislación e
desenvolvan o seu labor dun xeito ambientalmente sostible.
|